Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Baña suspende a Festa dos Maiores de agosto

A BAÑA. O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, asinou onte un bando no que fixo pública a decisión de suspender a Festa dos Maiores prevista para o mes de agosto, debido a pandemia do covid- 19, “para preservar a seguridade dun colectivo tan vulnerable na situación de risco sanitario na que nos atopamos”, sinala o rexedor. O alcalde fixo mención no mesmo bando ás recomendacións das autoridades sanitarias de non celebrar este ano as habituais festas e verbenas, “debido a que se pode

xerar un maior risco de propagación” do covid-19. En caso de querer celebrar eventos, o rexedor lembra as medidas específicas que establece a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Segundo estas normas, no caso das verbenas, “é importante acoutar o espazo destinado ao evento para poder controlar o aforo, facilitar o establecemento de puntos diferenciados para a entrada e saída do recinto e permitir o cumprimento das distancias mínimas de seguridade interpersoal”. José Antonio Pereira apela “á responsabilidade cidadá” e agradece a colaboración de toda a veciñanza por axudar “a cumprir con todas as medidas preventivas necesarias para evitar a transmisión dunha enfermidade tan contaxiosa como o da coronavirus”, sinala. A Festa dos maiores súmase á lista de festexos que terán que agardar ao 2021 para poder celebrarse con seguridade. a.p.

16 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito