Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Alumnos de Primaria e Secundaria de vinte e seis centros da área metropolitana súmanse ao proxecto da Xunta // Terán medios tecnolóxicos e contidos gratuítos // Os rapaces contarán con libros e material didáctico de balde

Avanzar na época dixital

A Consellería de Educación publicou a resolución definitiva dos centros sostidos con fondos públicos seleccionados para incorporarse ao proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2020-21, pola que se suman ao programa 125 colexios e outros catro amplían a súa participación, implantando o plan noutra etapa educativa.

Neste sentido, a Xunta decidiu incrementar o número de 75 centros que estaba previsto incorporar este ano ao proxecto, co fin de ampliar a dixitalización do ensino galego.

Cómpre lembrar que a través deste programa o alumnado terá, de xeito gratuíto, libros e materiais dixitais cos que poidan desenvolver o seu proxecto curricular de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO.

O proxecto E-Dixgal, que impulsan a Consellería e a Amtega, enmárcase na Estratexia galega para a educación dixital (Edudixital 2020). Neste curso participan neste proxecto un total de 345 centros, que continúan tamén no programa. Tras estas novas incorporacións, formarían parte do E-Dixgal 470 centros educativos.

Os centros que se incorporan a este proxecto serán dotados cos medios tecnolóxicos necesarios na aula para profesorado e alumnado. Ademais, terán acceso a unha contorna virtual de aprendizaxe cos contidos gratuítos proporcionados pola Xunta e deberán utilizar para o desenvolvemento curricular materiais de referencia dixitais, que poden proceder desta contorna ou ser proporcionados polo centro.

A incorporación ao E-Dixgal en educación primaria implica impartir todas as materias en modalidade dixital; mentres que facelo en ESO supón impartir un mínimo de seis materias, a elección do centro, en modalidade dixital. Se o centro conta con libros e outros materiais didácticos dixitais, poden empregarse como complemento ou apoio.

Todos os centros implicados no programa teñen acceso á plataforma EVA E-Dixgal, con contidos de aulaPlaneta, Netex, Edebé e Pearson; ademais de ter acceso aos contidos xerados na iniciativa Dixit.

Dos 125 centros educativos que se incorporan un total de 26 son da área metropolitana de Santiago. O programa chegará ós alumnos de Primaria do CEIP Arzúa; CPI Plurilingüe Cabo da Area, de Laxe; CEIP Ramón Otero Pedrayo, de A Laracha; CEIP Alfredo Brañas, de A Laracha; CEIP Plurilungüe de Pino de Val, de Mazaricos; CEIP Salustiano Rey Eiras, de A Pobra; CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao, de Rianxo; CEIP Ana María Diéguez, de Rianxo; CEIP Plurilingüe de Pumar, de Rois; CEIP Barrié de la Maza, de Santa Comba; CEIP A Igrexa, de Teo; CPI Plurilingüe de Fonte Díaz, de Touro; CEIP de Gándara, de Carballo; CEIP Plurilingüe de Outes; CEIP Manuel Rivero, de Lalín; CEIP Xesús Golmar, de Lalín; CEIP Plurilingüe de Oca, de A Estrada; e CEIP Manuel Villar Paramá, de A Estrada.

A dixitalización chegará en ESO ó IES Monte Neme, de Carballo; IES Agra de Raíces, de Cee; IES Virxe do Mar, de Noia; IES Eduardo Pondal, de Ponteceso; e IES Plurilingüe Pedra da Aguia, de Camariñas.

No caso do CPI Ponte Carreira, de Frades, e o CPI San Vicente, de A Baña a inclusión no proxecto beneficia tanto ós alumnos de 5º e 6º Primaria como ós de 1º e 2º da ESO.

O CEIP plurilingüe, Barrié de la Maza de Santa Comba, que dirixe Dolores Nieto, vai ser un dos colexios beneficiados. E, segundo o seu testemuño, os nenos en vez de aprender “dun xeito físico, van facelo a través da plataforma EVA, e será a Consellería de Educación a que aporte a cada centro ordenadores portátiles para que poidan traballar e descargar os contidos dun xeito dixital”. En concreto, Nieto indica que “para o curso que vén corresponderalle aos de quinto e, para o seguinte, a quinto e sexto”, coa obriga de permanecer no programa un mínimo de catro anos.

os meses pasados de confinamento foron un examen para demostrar que o da educación dixital está unido a unha chea de dificultades. Hai moitos fogares aínda sen ordenador e outros tantos cun sinal moi débil en zonas donde o da fibra é só para combater o estreñemento. É de agradecer o esforzo da Xunta por chegar a cantos máis rapaces nesto da educación dixital, pero hai tantos buratos que tapar, falta aínda tanto por percorrer que esos esforzos semellan gotas no deserto. Cada vez son máis os colexios ou institutos que avanzan cos tempos e son moitos os que aínda quererían avanzar máis. Haberá que ter paciencia, pero na Administración non deben baixar o ritmo para que os nosos estudantes poidan avanzar nesta época dixital que nos tocou vivir.

a protagonista
“Traballan e descargan contidos cos portátiles”
Directora do CEIP Barrié de la Maza en Santa Comba Dolores Nieto

Pero aparte de beneficiar aos rapaces, a medida tamén repercute nos docentes, xa que “temos que ter máis preparación dixital para poder ensinar dese xeito, e cambia a tecnoloxía”, precisamente nunha época “na que tivemos que adaptarnos por culpa da pandemia, e formámonos e traballamos dixitalmente maioritariamente”. Pola súa banda, o E-DIXGAL tamén “vai a implicar a todas as áreas dos nenos de quinto, que terán que impartirse con ordenador sen libro físico”. E sobre a dotación de medios, lembra que “o número de ordenadores que nos ceden dependerá da matrícula; os que pasan de cuarto a quinto poden ser uns trinta e seis ou trinta e sete alumnos, e cada un terá a súa terminal”, sinalou a directora.

05 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
UN
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.