Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Estrada abre o prazo para apuntarse na segunda ‘Depoandaina’

Os participantes percorrerán a Fervenza do Callorbe, e será o próximo 30 de agosto

A Estrada. A Deputación de Pontevedra abre o prazo para inscribirse na segunda ‘Depoandaina’, que forma parte dunha serie de roteiros abertos para coñecer algúns dos puntos máis emblemáticos da provincia. A primeira foi nos muíños de Fraga, no Concello de Moaña, e en cuestión de 24 horas esgotáronse as 200 prazas dispoñibles. Desta quenda, o destino está no municipio da Estrada, e aqueles que se apunten poderán desfrutar dun percorrido pola Fervenza de Callorbe.

O prazo para apuntarse a este roteiro abriu onte, luns 10 de agosto. Aqueles que queiran participar poderán apuntarse na páxina web www.depo.gal ata cubrir o cupo de 200 persoas. O prazo para inscribirse rematará o vindeiro día 24 ás 12.00 horas. Dende a Deputación piden que aqueles que estén apuntados pero finalmente non poidan asistir envíen un correo a deportes@depo.gal co nome o co DNI para que a´si a praza non quede vacante e pase a alguén da lista de espera.

Esta andaina levarase a cabo o día 30 de agosto, e os asistentes deberán acudir ao punto de partida. Será a segunda dunha serie de tres, que se desenvolverán ao longo do verán. A próxima está xa programada para o mes que vén, o 20 de setembro, e será no val das Fadas, en Cañiza. Noela Vázquez

11 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito