Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Pobra prevé reducir ó 40 % as emisións de CO2 no prazo de dez anos

Coa asistencia técnica dunha firma, planifica pasar de 24.980 a 9.992 toneladas

A Pobra. O consistorio da Pobra acolleu un encontro para avanzar no Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES), un documento clave dentro do Pacto das Alcaldías a través do cal o Concello expón como acadará o compromiso asumido de lograr en 2030 unha redución anual do 40 % das emisións de CO2 (e, quizá, outros gases de efecto invernadoiro).

Este plan traducirase para o municipio nunha redución de 9.992 toneladas anuais de ditas emisións no prazo de 10 anos, desde os datos obtidos en 2015, exercicio durante o cal se emitiron á atmósfera 24.980 toneladas de CO2.

Búscase así a implicación da cidadanía e das Administracións públicas para loitar contra o cambio climático con medidas pensadas, cuantificadas e reais.

Neste senso, cóntase coa asistencia técnica de Sicasoft Solutions, unha empresa especializada na materia. Así, as representantes da referida empresa explicáronlle aos membros do executivo local e da oposición o inventario de emisión, é dicir, en que situación se atopa o municipio pobrense en materia de emisión de CO2; así como o plan de acción para a mitigación e adaptación, sobre o cal os asistentes puideron facer aportacións e expoñer dúbidas.

Na segunda semana de setembro volverá a producirse unha nova reunión na cal se presente o plan xa perfilado coas medidas que faltan por cuantificar e definidas as coñecidas como key actions (tres accións claves) para, posteriormente, comezar a implantar as decisións. s. s.

15 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito