Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta confirma que o novo centro de saúde do Milladoiro estará rematado nun mes

A Xunta confirma que o novo centro de saúde do Milladoiro estará rematado nun mes pero non poderá entrar en servizo polos incumprimentos do Concello de Ames en relación coa urbanización e dotación de servizos á parcela. Así o constatou hoxe a conselleira Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que mantivo unha videoconferencia co equipo responsable destas obras para supervisar o seu avance e as medidas de prevención adoptadas con motivo do covid-19.

Neste encontro, no que tamén participaron o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, comprobouse que as obras están case ao 99% da súa execución total. O edificio xa está rematado e só restan remates tanto no interior como no exterior, a sinalética ou axardinamento da parcela. Esta infraestrutura, cun investimento autonómico de 2,7 millóns de euros, prestará atención sanitaria a unha poboación que rolda as 14.000 persoas. O novo centro de saúde, cunha superficie superior aos 2.100 metros cadrados, conta cun deseño en “espiña de peixe” que mellora a accesibilidade, os espazos de consultas e incorpora os servizos de fisioterapia e odontoloxía. Ethel Vázquez explicou que estas instalacións estarán finalizadas antes de que comece o verán e en disposición de poñelas en servizo inmediatamente. Non obstante, precisou que os compromisos do Concello con esta actuación non se están a cumprir.

18 may 2020 / 14:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.