Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aberta a inscrición para a escola de teatro de Cee

costa da morte. O Concello de Cee abriu o prazo de inscrición para participar na escola municipal de teatro no curso 2020-2021. Haberá catro grupos: infantil, xuvenil, adultos e usuarios do centro social. As clases de para os nenos e nenas serán os luns, de 18.00 a 19.00 horas (de 6 a 8 anos), e os martes de 18.00 a 19.00 (de 9 a 11 anos), de 19.00 a 20.00 (de 12 a 14 anos) e de 20.00 a 21.00 horas (de 15 a 17 anos). O grupo xuvenil de maiores de 18 anos, creado o ano pasado para dar cabida aos estudantes que, por cuestión de estudos, estaban fóra durante a semana, ensaiará os sábados de 11.00 a 12.00 horas. Pola súa banda, os adultos terán clase os luns, de 20.30 a 22.30 horas, e os usuarios do centro social os martes de 17.00 a 18.00. As presentacións do novo curso terán lugar lugar o día 5 de outubro no auditorio da casa da cultura, a cargo de Toño Casais. Os prezos da matrícula son de 40 euros (infantil e xuvenil), 70 € (adultos) e 25 (centro social). J. L.

12 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.