Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Abre as portas o museo Terra de Melide con precaucións

Melide. Dende o luns xa pode visitarse de novo o museo Terra de Melide, despois de case tres meses pechado por mor da crise sanitaria. “Abrimos cheos de ganas e con moitos proxectos culturais previstos, como presentacións de libros, roteiros culturais, etc., que levaremos a cabo unha vez o permitan as autoridades sanitarias”, explican fontes municipais.

Iso si: está de novo dispoñible ao público, pero seguindo as debidas medidas de seguridade e protección.

Entre as normas están a de acceder con máscara (e opcionalmente con luvas) e desinfectar as mans con xel hidroalcohólico antes de entrar. O aforo está limitado a 21 persoas, a razón de tres por sala, e sempre mantendo a distancia de seguridade. Os maiores de 65 anos e as persoas con discapacidade terán preferencia no acceso.

De momento non se organizan visitas guiadas, nin tampouco actividades culturais. Non está dispoñible o servizo de consulta en sala para investigadores, nin poden usarse os baños. No caso dos folletos informativos, están todos retirados, pero é posible solicitalos ao persoal, e son sempre dun só uso. Ao finalizar a visita teñen que depositarse no contedor colocado á saída. A. P.

03 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito