Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Abre ata o 31 o prazo para anotarse na escola de música de Muros

MUROS. A escola de música de Muros ten aberto ata o vindeiro día 31 o prazo de preinscripción para o curso escolar 2020/21. Ofértanse dúas posibilidades: Por unha parte impártese unha clase de música e movemento, dirixida a nenos de entre 4 e 8 anos. O obxectivo é que o alumnado asente os coñecementos musicais máis elementais. Por outra banda, ofrécense para os maoires de oito anos e os adultos cursos xerais, de educación especial, de música moderna e jazz e de música tradicional. As clases terán lugar os luns, mércores e venres, de 10.00 a 14.00 horas, no edificio San Xosé; e os martes e xoves no areal de Esteiro, de 10.00 a 14.00 horas. Os que desexen obter máis información poderán acudir á oficina da escola de música ou escribirar ao enderezo esmu. municipal.muros@edu.xunta. es. Tamén teñen Facebook. A.P.

09 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito