Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Acceso a equipos da Aula CeMIT de Bertamiráns

ames. A Aula CeMIT de Bertamiráns abrirá as súas instalacións mañá xoves, en horario de 9.30 a 13.30 horas durante as primeiras semanas, deixando a tarde para continuar coa formación dende a casa. En canto a programación para este mes, inclúese dous cursos: Traballando na nube e Sácalle partido ao teu teléfono móbil Android. O primeiro alongarase dende o luns 6 ao xoves 9 de xullo, de 17.30 a 19.00 horas, mentres que a titoría voluntaria en Jitsi Meet para resolver dúbidas e realizar prácticas será o venres 10 de xullo de 17.30 a 19.00 horas. Pola súa banda, o segundo curso desenvolverase do luns 13 ao venres 17 de xullo, de 17.30 a 19.00 horas. Subliñar que esas instalacións da Aula CeMIT de Bertamiráns permanecían pechadas debido ao estado de alarma provocado polo covid-19. No mes de xuño comezaron a abrir a aula polas mañás para resolver dúbidas con cita previa e acoller aos estudantes universitarios que precisaban dunha rede para facer os seus exames. Agora, procedese á abertura da aula para o uso libre dos seus equipos, sempre con máscara e previa limpeza de mans con xel hidroalcólico. Tamén será obrigatorio respectar as distancias e entre cada uso empregarase desinfectante para limpar e hixienizar a zona para garantir a seguridade dos usuarios. Matrículas e máis información no 682 373 753. m. manteiga

01 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.