Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
de reducir o CO2 e aumentar o uso de fontes de enerxía renovables TEXTO S. S.-M.M.

Accións dende Ribeira e Ames polas emisións contaminantes

O Concello de Ribeira vén de dar un significativo paso encargando a elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACE), é dicir, a folla de ruta que vai marcar o camiño cara á redución das emisións de CO2 baixo a premisa da diminuír consumos enerxéticos e emisións de gases de efecto invernadoiro. A administración local adheriuse en xaneiro do ano pasado ó Pacto dos Alcaldes polo Cambio Climático, a ambiciosa iniciativa europea que persegue ese obxectivo. E, pola súa banda, o Concello de Ames presentou a II Semana Europea da Mobilidade, con el lema Por unha mobilidade sen emisións, e a campaña de redución de velocidade titulada A 30 Ames é máis!

No que atinxe ao concello barbanzán, o documento será redactado pola empresa especializada Iceacsa Consultores S.L. e incluirá entre outras as seguintes tarefas: a cuantificación das emisións no territorio municipal a través dun inventario de emisións de referencia (IER); a avaliación de riscos e vulnerabilidades climáticas (unha análise que determine a natureza e alcance do risco ao que está sometido Ribeira mediante a análise dos perigos potenciais e a avaliación das vulnerabilidades que poden poñer en risco ás persoas, propiedades, sustento ou ao medio ambiente do que dependen; o Plan de Acción de Mitigación (que recollerá unha proposta de medidas para chegar a cumprir os obxectivos en eficiencia enerxética, enerxías renovables, mobilidade sostible e concienciación, indicando prazos, responsabilidades, inversións estimadas, medidas de financiamento, indicadores e cálculo dos impactos); e o Plan de Adaptación (que proporá unha serie de medidas de adaptación, coa fin de reducir os impactos negativos a un nivel aceptable ou evitar que incrementen cos anos).

A adhesión da Corporación ribeirense ao Pacto dos Alcaldes polo Cambio Climático entraña, entre outros compromisos, o de reducir as emisións de CO2 en polo menos un 40 por cento ata 2030 mediante o aumento da eficiencia enerxética e un maior uso de fontes de enerxía renovables, así como o de traballar na promoción de medidas para a adaptación ao cambio climático mediante a creación de plans de acción en favor da enerxía sostible e o aumento da resiliencia ante o mesmo.

E na capital maiá, pola súa banda, desenvolverán tanto a campaña de mobilidade sotible como a de velocidade do 16 ao 22 deste mes. O programa comeza coa charla Querémoste seguro, que está dirixida ás persoas maiores –no local dos xubilados do Milladoiro o vindeiro día 17 ás 18.30 horas– e durante a próxima fin de semana haberá unha marcha ciclista nocturna (día 18, ás 22.00 horas); actividades e xogos populares (día 19) en bici e unha andaina pola senda O Milladoiro-Bertamiráns (o día 20, ás 10.00 horas). Para participar nestas actividades é necesario inscribirse previamente mandando un email (a mobilidade@concellodeames.gal).

E xa no marco do fomento da mobilidade sen emisións, presentouse a campaña de sensibilización sobre a importancia da velocidade a 30 km/h no interior das zonas urbanas do concello, o que aparte de na seguridade, vai repercutir nun aforro enerxético e redución de emisións.

a protagonista
“Impopular, pero necesaria”
Beatriz Martínez
Edil amesá de Mobilidade

Sobre a iniciativa de redución da velocidade, a concelleira de Mobilidade amesá, Beatriz Martínez, destacou que “con esta campaña tratamos de chegar a toda a cidadanía de Ames, dende a mocidade ata a xente máis maior. Sabemos que esta medida pode ser impopular nun primeiro momento, pero é necesaria para dispor duns núcleos urbanos máis humanizados nos que predomine o peón sobre os vehículos a motor”.

Ao fío, o inspector da Policía Local, José Antonio Rodríguez, explicou que “reducindo a velocidade a 30 km/h no interior dos núcleos urbanos gaña o sector comercial e gañan os peóns e mailos ciclistas. É unha medida que haberá que ir implantado de xeito progresivo, pero que é necesario implantar, como se está facendo noutras vilas galegas e no resto de Europa, para favorecer a mobilidade peonil. Deste xeito, favorécese a calidade de vida das persoas que viven nos núcleos urbanos, aínda que sexa en prexuízo das persoas que pasan por estes lugares pero que non residen neles. Temos que comezar a pensar que as cidades teñen que dispor de sendas para bicicletas e favorecer o transito a pé”.

E, pola súa banda, o rexedor Jose Miñones, agarda que “esta segunda Semana Europea da Mobilidade sexa todo un éxito, sobre todo de cara á concienciación da veciñanza amesá de que é necesario apostar por unha mobilidade sustentable. De aí, a presentación tamén hoxe da campaña A 30 Ames é máis”.

Exemplo
{ a letra pequena }
e motor
Suso Souto

PROMOVENDO unha alianza estratéxica de concellos e unha suma de implicacións, a Xunta pretende aglutinar un gran potencial para combater o cambio climático e dar resposta ós obxectivos fixados por Europa para 2030: un 27 % menos de consumo enerxético, un 40 % menos de emisións de CO2 e un 27 % máis de enerxías renovables. Ese é o reto ó que está chamada Galicia e para o que os alcaldes implicados deben convertirse en exemplo ante a didadanía e en motor de cambios esenciais para alcanzalo. Deberán mudar moito os hábitos de consumo por parte dos veciños e das administracións. E deberán mudar tamén as políticas á hora de deseñar actuacións nas que se poida avanzar nese eido. O camiño está aberto.

10 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito