Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Acometen desbroces en todas as estradas locais e os núcleos boirenses

BOIRO. O Concello de Boiro comezou as tarefas de desbroce en todos os núcleos e estradas do termo municipal, uns traballos que cada ano se fan antes de comezar a época estival. Foron contratadas a tres empresas locais co obxectivo de que se realizasen de xeito simultáneo. A intención do goberno local é fomentar a contratación de firmas boirenses para os traballos municipais, como unha das medidas de impulso económico ante a crise do covid-19. As tarefas comezaron polas parroquias de O Castro, Cespón e Boiro, e vanse executar en todas as demais de xeito inmediato. “Os traballos de desbroce son moi necesarios, xa que gracias a eles se mellora a seguridade dos condutores, ao facilitar a visibilidade, e tamén á hora de previr incendios. Ademais, fomentan a reactivación económica e o mantemento do emprego”, indica o Concello. S. S.

22 may 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito