Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Acordan suspender a popular romaría da Nosa Señora da Barca de Muxía

COSTA DA MORTE. O Concello de Muxía e a comisión de festas decidiron suspender a Romaría da Nosa Señora da Barca, que se ía celebrar en setembro. O alcalde, Iago Toba, asegura que “é unha decisión consensuada, tomada coa cabeza e deixando a un lado o corazón”. Non obstante, engade, “isto non quita que non se vaian celebrar varios actos relixiosos con estritos controis de saúde e seguridade”. Ademais, o presidente da comisión, Ramón Pérez Barrientos, asegurou que seguirán traballando durante todo o verán para recadar fondos para a romaría de 2021, “e estamos estudando tamén a posibilidade de que se celebren actos simbólicos ou exposicións”. O que si haberá é unha Pequebarca, que incluirá actos para a rapazada coincidindo coa data de celebración da romaría, e tamén darán a coñecer o cartel de 2021.

11 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito