Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Adxudicada en Silleda a dotación do ximnasio do centro Vista Alegre

Silleda. O Concello de Silleda acometerá nos vindeiros días a dotación dun pequeño ximnasio nunha das aula polivalentes do Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira. O proxecto vé de adxudicarse á empresa Galitec Desarrollos Tecnológicos S.L, -única presentada ao proceso de licitación- por importe de 27.104 euros, dos que o Concello aporta a maior parte (máis de 14.000) e o 45% restante se financia co Programa Leader, convocado por Agader.

Con esta iniciativa instalaranse nunha das aulas da parte superior do edificio, que se corresponde ca ampliación do centro, varias máquinas para realizar exercicio físico.

As obras consistirán no acondicionamento do local, que actualmente se atopa baleiro, coa colocación dun pavimento axeitado, e a instalación dos equipos de ximnasia. Con este proxecto continúase apostando polas melloras do Centro Cultural Vista Alegre, ofrecendo ademais aos veciños un novo espazo no que realizar exercicio físico. arca

13 jul 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito