Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Adxudicadas as obras de saneamento na céntrica rúa dos Bolos de Aguiño

RIBEIRA. O Concello de Ribeira adxudicou á empresa Excavaciones Nima S.L., cun orzamento de 33.880 euros, as obras de instalación dunha rede de saneamento con pozo de bombeo na rúa dos Bolos, así como na vía transversal, ambas situadas na parroquia de Aguiño. Colocaranse en primeiro lugar dúas tubaxes: unha de 315 milímetros de diámetro e 68 metros de longo e outra de 250 milímetros de diámetro e 60 metros de lonxitude. A través dos novos colectores conduciranse as augas residuais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo con dúas bombas mergulladas fixas de caudal unitario de 3,50 metros cúbicos por hora. Tamén se colocarán 6 pozos de rexistro. A vía será pavimentada con aglomerado en quente, e na súa transversal reporase a zanxa con pavimento de formigón. s.s.

22 may 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito