Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Amabul estrea campamento e actividades gratuítas este mes de xullo

A programación da entidade comeza o día 13 e está financiada pola Deputación

Vedra. A asociación medioambiental Amabul, de Vedra, volve máis forte ca nunca para pór en marcha durante a tempada estival unha variada programación, que se viron obrigados a frear durante o confinamento. O campamento de verán arranca o próximo venres, día 6, e hai que lembrar que se organizará un para os cativos nados entre 2008 e 2013; e outro xuvenil para os nenos nados antes do 2008. Continuará no mes de agosto, e de novo se fará dita división. Dende Amabul recalcan que os que desexen participar deberán enviar a ficha de inscripción a asoc.amabul@gmail.com.

Este non é o único plan da asociación para o verán. A través da Deputación da Coruña, a entidade ten previstas varias actividades gratuítas dirixidas a todos as idades. O vindeiro día 13 convidan aos veciños da comarca da Ulla a coñecer a flora da contorna. A actividade terá lugar nos arredores da Casa das Artes de San Fins de Sales. O mércores 17 os amantes dos animais terán a oportunidade de coñecer de cerca aos mamíferos que poboan o Ulla. Ao día seguinte anímase aos máis pequenos e aos mozos a descubrir, dun xeito lúdico, as principais pegadas e refuxios dos mamíferos riparios. O 20 de xullo analizarase a flora da contorna, o 22 formarase aos participantes na recuperación de espazos degrados. O 24 amosaranse os atributos naturais do río Ulla a través de actividdes sensoriais, e o 27 crearase un bosque entomolóxico. Hai que mandar inscripción a asoc.amabul@gmail.com. A. PRADA

30 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito