Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ames ampliou ata o 26 deste mes o prazo para solicitar as axudas ao comercio e as empresas

    Ames. As asociacións de empresarios e comerciantes de Ames teñen de prazo ata o 26 deste mes para presentar a documentación que lles permita acceder ás subvencións que a concellaría de Promoción Económica ofrece. Ademais, as xustificacións de gastos correspondentes á anualidade de 2019 poderán presentase ata o 15 de setembro.

    A decisión desta ampliación de prazos tómase por mor da situación excepcional que estamos vivindo a raíz da pandemia da covid-19 e despois de ter mantido conversas coas asociacións de empresarios e posibles beneficiarios destas axudas.

    Lembrar que foi o 18 de xullo de 2020 cando a xunta de goberno local acordou a convocatoria das subvencións para a promoción do comercio no Concello de Ames, decidindo nove días despois modificar a data límite para solicitar as axudas. m.m.

    13 ago 2020 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito