Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ames anima a empregar a plataforma electrónica

AMES. Desde o pasado 15 de xuño, Gestdoc, a nova plataforma electrónica do Concello de Ames, xa está dispoñible para a veciñanza na dirección https://sede.concellodeames. A través dela, a cidadanía pode realizar numerosos trámites vía telemática sen necesidade de desprazarse ata a casa do concello. Pódese acceder ao novo sistema desde o pc e vía web, o que facilita a xestión e análise dos documentos aos 150 traballadores do Concello que empregan o novo aplicativo. Asemade, a sinatura electrónica mellora coa implantación do certificado dixital na nube, que permite asinar vía móbil, contando todo o persoal cun certificado propio. O Concello anima así aos veciños a obter o certificado dixital para facilitar a interacción coa administración municipal. “O noso obxectivo é a modernización do Concello de cara a facilitar ao cidadán os trámites para que desde a súa casa poidan conseguir de forma áxil presentar toda a documentación”. A.P.

02 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito