Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ames fará controis de velocidade ao longo da semana

A Policía Local vixiará rúas como a Avenida Rosalía de Castro e a da Maía // Tamén nas que hai máis queixas por non respetar límites

Durante toda esta semana a Policía Local de Ames fará controis de velocidade en distintos puntos do municipio. Vixiaranse especialmente rúas como a avenida de Rosalía de Castro, a da Maía “e aquelas estradas onde hai máis queixas veciñais porque os condutores de vehículos non respectan os límites de velocidade”, apuntan fontes municipais. Para levar a cabo estos labores os axentes municipais dispoñen dun vehículo, cedido pola propia DXT, e equipado cun radar e cun etilómetro para facer os controis de alcoholemia.

A concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez Domínguez, explica que “esta iniciativa pretende concienciar á cidadanía da importancia de circular á velocidade indicada, especialmente en espazos urbanos nos que distintos tipos de vehículos (automóbiles, motocicletas, bicicletas) comparten espazo cos peóns”, apunta.

Dende o goberno local explican que “aínda que se produciu un descenso importante no número de condutores denunciados” é necesario seguir facendo controis de velocidade polo impacto que ten no medio e pola seguridade dos ciclistas e peóns”. Neste senso, a concelleira salienta que “a velocidade ten tamén un impacto negativo no medio ambiente”, xa que canto maior é, máis gases nocivos emiten os vehículos. Ademais o nivel de ruído que producen os coches que van máis rápidos inflúe tamén na calidade de vida das zonas urbanas, engade. “Unha velocidade axeitada evitaría unha cuarta parte das vítimas mortais en accidentes de tráfico”, lembran dende o Concello.

CASTELO. Por certo que a xunta de goberno local amesá vén de aprobar a adxudicación da obra de ampliación da rede de saneamento no lugar de Castelo. O proxecto foi adxudicado á empresa SYR-AMG SL, por un importe de 27.455 euros.

O proxecto recolle a ampliación da liña de saneamento para unha serie de vivendas que se atopan na marxe esquerda da estrada que vai dende Castelo cara Proupín.

08 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito