Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ames inicia a cubrición do parque de Chavián

AMES. Esta semana comezaron a executarse as obras para a cubrición do parque infantil da praza de Chavián, na localidade de Bertamiráns. Dito proxecto foi adxudicado por un importe duns 153.000 euros á empresa Galitec Desarrollos Tecnológicos S.L., e os traballos serán sufragados cos fondos que achega a Deputación da Coruña a través do POS-2018. A demora no inicio das obras, según fontes municipais, “foi debida a diferentes modificacións e adaptacións que houbo que facer no proxecto inicial”. Ademais, incluíuse a instalación de “novos elementos de xogo, tanto na área de preescolar como na destinada a nenos de 3 a 12 anos”, indicaron dende o Concello. O edil de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que dende a administración local “estanse facendo investimentos para mellorar os parques infantís existentes. Un exemplo disto é a cubrición de dous urbanos, como son o da praza de Chavián, en Bertamiráns, e o de Agro da Vella, no Milladoiro”. Ademais, lembra que se está executando un novo modelo de parque infantil, con elementos de xogo de aventuras, na Condomiña, algo totalmente novidoso no municipio. Nestes tres proxectos “investiranse preto de 400.000 euros, unha contía considerable para mellorar este tipo de áreas de ocio para os máis cativos”, apuntou ó respecto o concelleiro. C.E.

23 may 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito