Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

ao Pazo de Peregrina

O festival dará inicio cun novidoso pasarrúas // Nesta edición actuarán Os Bregadiers e Manuel Gutierrez mailo seu trío

O Pazo da Pregrina de Bertamiráns acollerá por terceiro ano consecutivo o festival Ames Jazz 2020, nunha mostra musical que contará cun novidoso pasarrúas antes do concerto.

Durante a presentación do evento, a concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, declarou que é un pracer “repetir un ano máis a nosa aposta pola cultura, en concreto polo jazz”, alén da intención inicial de facer “unha aposta máis ambiciosa”, que finalmente tivo que ser aprazada debido á situación extraordinaria presentada polo covid-19.

Xacobe Martínez, director artístico, quixo aproveitar o acto para “salientar a valentía do Concello de Ames” xa que esta mostra de jazz é “unha das poucas por non dicir a única en galego”. Asemade, fixo especial fincapé en como o Concello xa tiña “os deberes feitos” en materia de contratación de proximidade, algo que se está a potenciar tras a aparición do covid-19, e como “dende o primeiro momento a aposta de Ames foi a de recuperar esta programación, axustándoa en tempo récord e coa boa vontade de todos”.

Este ano, o festival Ames Jazz contará para comezar co grupo Bregadiers, inspirado nas bandas gypsy, fanfarrias ou brass bands. Conformada por Álvaro Trillo, Oscar Prieto, Oliver Cano, Rosolino Marinello, Javier Barral e Abel Leonardo, esta banda galega será a encargada de encher Bertamiráns con ritmos de swing, jazz e rock&roll neste novidoso pasarrúas. Invitando á veciñanda a asistir, Trillo asegurou que son “unha banda moi divertida e elegante, así que non dubidedes en seguirnos no pasarrúas ata o Pazo da Peregrina porque o ides pasar moi ben”.

Xa no Pazo, Manuel Gutierrez e o seu trío, farán unha presentación dos temas do seu último disco, que “xa ten algo de tempo pero con todo esto quedou un pouco atrasado” como comentou Gutierrez, que se amousou “ moi contento de vir a Ames e de poder tocar outra vez con Paco Charlín e Iago Fernández”. Cunha marcada traxectoria internacional, Gutierrez ten participado en festivais de case todo o mundo, incluíndo países como Portugal, Francia, Marrocos, Sudáfrica, Bolivia, Corea do Sur e México , por exemplo, a onde levou a súa música que abarca dende o rock ao jazz pasando polo folk e o blues.

Será a noite de mañá sábado, 4 de xullo ás 21.00 horas cando dará comezo este festival Ames Jazz 2020 na praza do Concello da man dos Bregadiers coa novidosa andaina que o Concello de Ames inclúe este ano. Logo dunha pequena actuación de quince minutos, ás 21.15, será cando de inicio a marcha polas rúas en dirección á praza da Maía, na que aproximadamente entre as 21.25 e as 21.45. haberá outra actuación. O pasarrúas rematará no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, onde Os Bregadiers tocarán outra media hora.

Finalmente, ás 22.30 da noite, comezará o concerto de Manuel Gutierrez e o seu trío, que darán fin a esta terceira edición do festival.

O aforo no Pazo da Peregrina de Bertamiráns estará limitado a 100 asistentes, e no caso de haber choiva, trasladarase á casa da cultura.

03 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito