Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ames organiza un dispositivo especial para as votaciós

Débese seguir un circuito e acceder polo lateral ós pavillóns // Está integrado por 55 persoas

O Concello de Ames montou un circuito especial de cara a garantir as normas e medidas de seguridade que rexerán na xornada electoral deste domingo 12 de xullo. Ao fronte de dito dispositivo estarán o concelleiro de Seguridade, Víctor Fernández, e mailo concelleiro de Protección Civil, Blas García. Participarán 20 voluntarios/as da Agrupación de Protección Civil, 10 axentes da Policía Local e 25 traballadores/as do persoal municipal. Un total de 24.319 persoas poderán votar en Ames. Os/as electores terán que acudir ás 35 mesas electorais que estarán repartidas por todo o termo municipal.

Debido ao covid-19 establécense medidas de protección para os membros de mesa e para os/as votantes. En todos os colexios electorais haberá marcas no chan marcando o circuíto que terán que facer os/as votantes para tratar de non cruzarse con outras persoas. Haberá xel desinfectante e guantes para os alérxicos. Os/as votantes deberán acudir a votar obrigatoriamente con máscara, agás que a persoa votante acredite contradición médica para o seu uso. Aos membros das mesas electorais proporcionaráselles máscaras e pantallas protectoras.

CAMBIOS COLEXIOS. Os colexios electorais de Ames son os mesmos que nas anteriores eleccións. Tan só hai un cambio na mesa electoral de Ventín respecto as anteriores eleccións. Neste colexio cambiase a ubicación da mesa, que pasará a estar no pavillón do CEP de Ventín, que é un espazo máis amplo que o utilizado ata agora.

Ademáis, os/as votantes teñen que ter en conta unha serie de modificacións. Deste xeito, o acceso aos pavillóns polideportivos de Bertamiráns e do Milladoiro non vai a ser pola entrada principal, se non que se vai a facer polo lateral. Nestes lugares vaise delimitar unha área específica, na zona frontal dos pavillóns, para que haxa espazo suficiente por si se forman colas para entrar a votar.

No local social da Tarroeira o acceso farase pola parte traseira. O cambio nos colexios electorais faise para ter un lugar de entrada e outro de saída e evitar así que os/as votantes se crucen. Nos colexios nos que non é posible dispor de dous puntos de acceso (entrada e saída), este farase polo mesmo punto, pero estará dividido. En todo momento haberá que seguir o circuíto marcado no chan.

En Biduído cortarase un carril da estrada DP-0206, que vai dende a igrexa ata o cruce de Biduído de Abaixo. O tráfico rodado desviarase polo viario do lugar de Casanova. Tamén é moi importante levar da casa a tarxeta censal para que cada votante saiba en que mesa ten que votar .

Faranse as tarefas de limpeza e desinfección dos colexios electorais fixadas no protocolo, de xeito que se limparán os locais antes do inicio da xornada, varias veces mentres transcorre e unha vez máis ao remate. Tamén se poñerán en marcha controis de acceso. Os maiores de 65 anos, persoas con discapacidade e as persoas que precisen para o seu auxilio terán prioridade.

11 jul 2020 / 20:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito