Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ames xa é propietario do vial de Bertamiráns

Queda aprobado o cambio de titularidade do treito que vai da rotonda da AG-56 a Brión

A Xunta de Galicia vén de aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Ames do treito da estrada AC-543, entre os puntos quilométricos 6+250 e 8+390, ao seu paso por Bertamiráns. Infraestruturas e Mobilidade e o Concello amesán asinaron un convenio de colaboración para o acondicionamento do citado tramo da estrada autonómica, de máis de dous quilómetros de lonxitude, entre a rotonda da autovía AG-56 ata o límite co municipio de Brión. O Goberno galego financia este proxecto cunha achega de máis de 140.000 euros, e os traballos consistirán na reparación de brandóns e roturas coa fresadura do pavimento e o reforzo do firme. Tamén se van repintar as marcas viarias. No marco deste acordo, o Concello de Ames executará os traballos e acepta a transferencia da titularidade do treito.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das carreteras ou tramos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos que estén incluídos no inventario da súa administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta. A transferencia será efectiva ao día seguinte ao da publicación do decreto no Diario Oficial de Galicia, é dicir, a partir de hoxe. “Esta colaboración do Goberno galego co Concello de Ames trata de fomentar aqueles investimentos que resolvan problemas nas infraestruturas, coa finalidade dun desenvolvemento económico e social que achegue unha maior calidade de vida á cidadanía”, explican dende Infraestruturas.

barreiras O Concello de Ames aprobou a adxudicación das obras de eliminación de barreiras e mellora da accesibilidade en Bertamiráns e no Milladoiro. O proxecto está incluído no Plan Impulsa Ames, cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. As obras en Bertamiráns teñen un orzamento de 69.820 euros e as do Milladoiro de 10.807 euros. O proxecto ten un orzamento total de 80.627,45 euros.

01 may 2020 / 00:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.