Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Aparcadoiros disuasorios

    NINGÚN LUGAR como o Milladoiro para probar o disuasorio que pode ser aparcar. O Concello inventou unhas prazas de parada dez minutos, que nin están libres, asombrosamente, nin os dez minutos che dan para parar, por exemplo, próximo ó supermercado de grandes almacéns e botar carreira para facer unha xestión en Rosalía de Castro. Probado co alento de fóra e non chegan os minutos. Outros lugares que disuaden de meter o coche son as explanadas diante destes grandes almacéns e o terraplén próximo ao dispensario. Non todos temos 4x4 para ir á aventura sorteando ou non por imposibilidade, as fochancas, pozas e viaxes ao centro da terra que toca esquivar se divisas ao lonxe unha posibilidade de sitio.

    E xa para completar a situación, o Concello fai promoción dun plan que está a argallar para converter esta urbe chea de amplas rúas con edificios históricos e casco vello, léase con sorna, nunha zona semipeonil de 30 qm/h. Eu non sei, pero se tivera comercio nesas rúas bendiría cada día aos veciños próximos porque os que non o son, dificilmente poderán gastar nos seus locais.

    08 sep 2020 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito