Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Apoian dúas iniciativas no Barbanza a través do Galicia Emprende

Barbanza. A Xunta de Galicia concedeu ao abeiro da última edición do Galicia Emprende, da que se vén de publicar recentemente no Diario Oficial de Galicia (DOG), a resolución da segunda convocatoria, axudas por un importe superior aos 64.000 euros para apoiar dous proxectos empresariais de emprendedores e autónomos na comarca do Barbanza.

En concreto, as iniciativas desenvolveranse en Boiro e Ribeira, que prevén desenvolver investimentos de máis de 214.000 euros, según a información facilitada polo goberno galego.

Hai que indicar que esta liña de axudas está deseñada para impulsar a posta en marcha de proxectos de nova creación e para a consolidación, durante os seus primeiros 42 meses de funcionamento, de iniciativas empresariais de emprendedores ou autónomos, según consta na propia orden do programa autonómico.

16 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito