Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

App de Tecalis de balde para darlle pulo ás vendas amesás

    A Maía. Alberto Campos, director de operacións de Tecalis, e Berta Caro, directora de desenvolvemento corporativo e responsabilidade social corporativa, veñen de reunirse con parte do goberno amesán para ceder, de balde, unha aplicación que pretende impulsar o comercio local. Trátase dunha app con tecnoloxía innovadora para a xestión de citas dos clientes nos establecementos comerciais de todo o concello, evitando as colas e a exposición directa e a interacción innecesaria con outras persoas.

    Nesa reunión, os representantes da empresa, con sede no polígono Novo Milladoiro. sinalaron que é unha aplicación punteira para a xestión de citas dos clientes nos establecementos comerciais do concello, evitando as colas e a exposición directa e a interacción innecesaria con outras persoas nos devanditos locais comerciais, mediante unha plataforma que axusta e planifica os ocos na axenda das persoas coas citas que queiran xestionar nos diferentes negocios do seu interese.

    Deste xeito, unha mesma persoa pode xestionar á vez diferentes citas en distintos establecementos e negocios, ademais de poder elixir os seus horarios de referencia para reservar a visita e evitar así as aglomeracións. c.g.

    20 jun 2020 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.