Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aprobados os traballos de mellora da vía que une Touro e O Pino

Touro. A Deputación da Coruña vén de aprobou en sesión plenaria investimentos por importe de máis de 2,6 millóns de euros para mellorar diversas estradas da rede viaria provincial. Entre eles, figura a actuación de renovación do firme da DP 6602 de Fonte Díaz a Santa Irene, unha das principais vías de conexión entre os concellos de Touro e O Pino, onde se aprobou un investimento de 238.231 euros.

As actuacións terán lugar no tramo de 2,3 quilómetros que vai do PK 0+400 ao 2+699, onde se aprecia en diferentes puntos “un deterioro importante da calzada, pola que circulan unha media de 1.222 vehículos cada día e que sirve como conexión principal entre os dous municipios”, explican dende o entre provincial.

A actuación consistirá no fresado e reparación do citado tramo do vial e a dotación dunha nova pavimentación de mestura asfáltica en quente de 5 centímetros de espesor en toda a superficie (35.725 metros cadrados), o que contribuirá a mellorar a seguridade do tráfico. A peonil, aclaran dende a Deputación, é boa xa que alí se construíu unha senda. As obras incluirán tamén o pintado das marcas viais e a sinalización horizontal e vertical.

O prazo de execución dos labores é de dous meses e durante as mesmas manterase en servizo un dos carrís de circulación en todo momento. Os partidos políticos de ambos municipios manifestaron a súa satisfacción ante a noticia, dado que “na parroquia do Pino que limita con Touro, Cebreiro, hai veciños que van moito a Touro e nenos que acuden ao colexio público desta vila”. A.P.

02 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito