Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Arrancan as melloras do firme da AC-199 ao seu paso por Dumbría

DUMBRÍA. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-199, ao seu paso polo concello de Dumbría. A empresa Construcciones J. Mauri e Hijos, S.L é a encargada de desenvolver os traballos, que foron adxudicadas por un importe de máis de 43.000 euros e que contan cun prazo de execución dun mes. Os labores que se prevén realizar permiten completar a actuación de mellora na capa de rodadura feita en marzo no treito desta mesma vía, entre os puntos quilométricos 0 e

0+300. As novas obras céntranse no reperfilado de cunetas, no fresado e na reposición da capa de aglomerado no tramo entre os puntos quilométricos 0+300 e 0+900. Dende o Goberno Galego recalcan que “continúan traballando na conservación das estradas autonómicas co fin de

incrementar a seguridade viaria e mellorar a mobilidade dos cidadáns”. De feito, este mes a Xunta retomou a execución de preto de trinta obras públicas na provincia, o que supón un investimento duns 136 millóns de euros. Non só de mellora do firme, senón tamén de renovación nas redes de pluviais, construción de sendas ou de centros de saúde, entre outros. C.E.

22 may 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito