Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 12 julio 2020
10:30
h

Arrancan as propostas culturais de Arzúa o venres 3 cun cinefórum

ARZÚA. O Concello de Arzúa ten preparado un amplo abano de actividades culturais para este verán. Arrancarán o vindeiro venres, día 3, cun cinefórum no multiusos. En concreto vaise proxectar a curta Trala Porta e haberá un pequeno coloquio coa actriz Lidia Veiga e o director Alejandro Rodríguez. As propostas seguirán durante os meses estivais. Así as feiras de xullo e agosto estarán animadas por grupos de música tradicional. Na do 8 de xullo actuará O Bringuelo e na do 22, Os Santiaguiños de Boimorto. O 24 organizarase un espectáculo que mestura teatro, títeres e música nunha montaxe de ambientación medieval sobre o Camiño titulada A viaxe de Saira. Será no multiusos. O 26 está prevista a celebración do evento Arzúa viva e o 30 comezará un ciclo de música na rúa. A programación continuará en agosto e setembro. A.P.

30 jun 2020 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito