Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Atopan en Teo cebos de carne con anzol

Un can tivo que ser ingresado de urxencia ao comer dous

O maltrato que os seres humanos inflixen ao resto de animais semella non ter nunca límites. Cada día se escoitan casos verdadeiramente aterradores de persoas sen escrúpulos capaces de facer dano a uns seres inocentes, que non teñen forma de defenderse ante “tretas” inesperadas como a que algúen está a levar a cabo agora en Teo. A clínica veterinara TeoVet vén de denunciar a aparición no municipio de cebos de carne con anzol. En concreto foron detectados entre a cafetería Manú e o viveiro de plantas.

Dende a clínica explican que tivo que ser ingresado un pinscher que comeu dous. Afortunadamente tras realizarlle unha endoscopia para extraer o anzol do estómago, o animal non sufriu ningunha complicacion, e ese mesmo día puido volver a súa casa, onde agora evoluciona favorablemente.

Os veterinarios de TeoVet din estar consternados. “Levamos case 20 anos funcionando en Cacheiras, Teo. Hai poucos casos coma este na nosa historia profesional, afortunadamente. Dende aquí pedimos colaboración para identificar a estos individuos e traballar para que se persigan este tipo de feitos, este tipo de delitos”, sentencian. “Vivimos, afortunadamente, nunha contorna extraordinaria, con moito espazo para poder saír e pasear. Non hai nada que explique porque alguén bota na vía pública cebos/trampa deste tipo a carón de casas habitadas. Pedimos ás autoridades que prosigan a investigación destes feitos pola seguridade de todas e todos”, recalcan dende a clínica.

Nos últimos meses téñense dado na área metropolitana de Santiago máis casos de maltrato animal. Hai que recordar o establo de Melide, onde o pasado novembro a Garda Civil atopou sete cabalos mortos de fame e 22 con signos de malnutrición. O peor deste caso e que facía apenas uns meses xa se atoparan no mesmo lugar os cadáveres de dous cans e outros seis equinos. Así que dende aquí, sumámonos á petición de TeoVet á hora de pedir axuda ás autoridades. Urxe acabar con todo isto.

01 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito