Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Axudas para medio millar de escolares de Costa da Morte

Greenalia aportará a Vimianzo, Coristanco, Santa Comba e Dumbría un total de 30.000 €

Os concellos de Dumbría, Santa Comba, Coristanco e Vimianzo recibirán da empresa Greenalia unha aportación total de algo máis de 30.000 euros, que serán destinados a axudar as familias con nenos e nenas, menores de 16 anos, para que poidan comprarlles material escolar e roupa deportiva. Estiman que a iniciativa beneficiará case que ao 25% dos estudantes (uns cincocentos) residentes nos referidos municipios.

Recibirán unha axuda económica por una valor medio de 40 euros por menor, ademais dunha mochila para o ordenador portátil.

Así o contempla o acordo de colaboración firmado polos rexedores dos catro municipios coa directora de Desarrollo Corporativo y Sostenibilidad de Greenalia, Beatriz Mato. A iniciativa enmarcase na política de responsabilidade social civil da compañía e con ela poñen as bases dun plan de programas de acción social que desenvolverá no futuro a Fundación Greenalia, a través da cal a empresa quere reinvestir naqueles municipios nos que opera.

Con esta medida, a compañía coruñesa quere axudar “nunha volta ao cole excepcional e complexa para as familias, trala crise do covid-19”, afirman. Ademais, esta media será compatible con outras que poidan poñer en marcha as administracións.

Os alcaldes amosaron o seu agradecemento á empresa, “pois as familias necesitan axuda e os concellos tamén, pois nesta crise tivemos que asumir moitas competencias que non son municipiais e é de agradecer todo o apoio que nos den”, afirmou a rexedora de Vimianzo, Mónica Rodríguez. O seu homólogo de Coristanco, Juan García, subliñou ademais “o momento no que estamos e o público ao que van dirixidas estas axudas, que contribuirán a que as familias máis vulnerables poidan recuperar unha certa normalidade”.

David Barbeira, alcalde de Santa Comba, espera que “este xesto” contribúa tamén a reducir “o rexeitamento da xente aos parques eólicos, e que vexa que as empresas non só veñen buscando un beneficio senón que tamén prestan un servizo á sociedade”. Neste senso, o rexidor dumbriés, José Manuel Pequeño, amosou a súa confianza en que “este sexa só o comezo dunha colaboración, pois son moi importantes para os concellos rurais este tipo de apoios e estas empresas son das poucas que nos están aportando axudas”.

Actualmente, Greenalida ten en marcha o parque eólico de Miñón, en Vimianzo, cunha potencia instalada de 24 MW e prevé ter rematado a finais de ano outros tres no Alto da Croa I (7,3 MW) e Alto da Croa II (10,4 MW), en Dumbría, e Monte Tourado (10,4 MW), en Vimianzo. A estes hai que sumar outros tres proxectos previstos nos concellos de Coristanco e Santa Comba: Monte Toural, Campelo e Bustelo.

15 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito