Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Axudas para o Deza e zonas da Ulla-Umia para fomentar a igualdade

a vilas con menos de vinte mil habitantes

Silleda. A Deputación de Pontevedra vén de conceder subvencións por un total de 29.323 euros a seis concellos da comarca de Ulla-Umia coa finalidade de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero.

En concreto, serán os concellos de Caldas de Reis, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga os que se beneficien destas achegas, coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.

Caldas contará con 6.000 euros, que destinará á realización de varias accións de prevención e sensibilización, como teatro ou campañas de publicidade. Para Moraña foron aprobados 3.924 €, cos que o concello realizará o proxecto A árbore da igualdade. Igualdade e novas tecnoloxías.

No que respecta a Pontecesures, a vila desenvolverá un programa de emprendemento e inserción laboral para mulleres cos 4.454 euros que lle achegará a Deputación. Para Portas o ente provincial aprobou 4.026 €, que irán destinados a avaliar o seu primeiro plan de igualdade e realizar o segundo.

Valga, pola súa parte, levará a cabo un proxecto de empoderamento de mulleres con sesións semanais grupais que inclúen traballo ca comunidade educativa grazas a unha achega de 5.605 euros.

Silleda, percibiu unha axuda de 6.000 euros, que terán como obxecto diferentes actuacións enmarcadas no programa Máis violeta, como a escola de empoderamento, que inclúe club de lectura feminista e obradoiros. Están dirixidas a vilas de menos de vinte mil habitantes. a.p.

01 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito