Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Barbanza-Arousa crea unha comisión adicada ó turismo e o comercio

Estará representado así na Mancomunidade o sector empresarial xunto aos concellos

Ribeira. A Mancomunidade Arousa-Norte presentou onte o cambio do nome da entidade, que pasa a chamarse Barbana-Arousa, e que inclúe á Serra do Barbanza dentro da marca do destino, que ata agora tiña como protagonista á zona norte da ría de Arousa.

Asimesmo, deuse a coñecer a nova estratexia, na que destaca a creación da Comisión de Turismo e Comercio do Barbanza, integrada polo sector público (Mancomunidade, concellerías de Turismo e Comercio de cada concello e técnicas de Turismo) e privado (empresas representantes comarcais dos sectores e xerencias das asociacións empresariais locais).

Outra das accións presentadas e que xa está en marcha é o sistema de venta cruzada, que permite visibilizar a dispoñibilidade online de aloxamentos e a oferta de ocio, con opción de reserva e pago anticipado. A día de hoxe están participando 20 empresas.

Asimesmo, vaise poñer en marcha unha campaña de promoción da ría de Arousa en colaboración coa Mancomunidade do Salnés, co obxectivo de promocionar a ría como un recurso navegable todo o ano e como orixe da tradición Xacobea.

E, baixo o nome de Paisaxes Sonoras, en agosto faranse actividades culturais en espazos emblemáticos. s. souto

01 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito