Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Barbanza recibe axudas da Xunta por 36.854 € para mellorar bibliotecas

Van destinadas a adquirir novidades editoriais en galego e a ampliar as coleccións

Ribeira. Dez concellos do Barbanza beneficiaranse este ano das axudas da Xunta para mellorar as coleccións bibliográficas e dotar de novidades editoriais ás súas bibliotecas e axencias públicas de lectura municipais integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, para o que o Goberno autonómico destina 36.854 €.

Na primeira liña, para novidades editoriais en galego, repartiranse 16.082 €: Boiro recibirá 1.949 €; Carnota, 974 €; Lousame, 974 €; Muros, 1.461 €; Noia, 1.949 €; Outes, 1.461 €; A Pobra, 1.461 €; Porto do Son, 1.461 €; Rianxo, 1.949 €; e Ribeira, 2.437 €.

Con esta medida preténdese ofrecer ós usuarios novidades editoriais no momento da súa entrada no mercado, mediante un proceso de compra de libros en formato físico a cargo das entidades locais.

Na segunda, para mellora das coleccións bibliográficas, o importe total é de 20.772 €: Boiro obterá 2.415 €; Carnota, 1.449 €; Lousame, 1.449 €; Muros, 1.932 €; Noia, 2.415 €; Outes, 1.932 €; A Pobra, 1.932 €; O Son, 1.932 €; Rianxo, 2.415 €; e Ribeira, 2.898 €.

Esta segunda liña de axudas enmárcase no compromiso da Xunta de Galicia por mellorar e incrementar a oferta e o servizo aos usuarios destes centros, actualizando as coleccións para que as bibliotecas planifiquen as adquisicións de novidades editoriais. suso souto

02 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito