Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Barbanza recibiu o noveno envío de material de protección ante o covid

Inclúe 4.300 máscaras e 145 traxes especiais antisalpicaduras, así como 2.400 luvas

Ribeira. A Xunta realizou un novo envío de material de protección fronte ó covid-19 con destino ós concellos do Barbanza. A partida inclúe 4.300 máscaras, 2.400 luvas e 145 traxes antisalpicaduras. Estes equipamentos están a ser destinados para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar e en servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público.

Entre as partidas enviadas figuran asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia. Ademais, desde a administración autonómica realizouse tamén o noveno envío de material de protección a catro residencias e entidades sociais dos concellos da comarca do Barbanza, concretamente a centros en Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. En total, 3.400 equipos de protección individual. Doáronse ás residencias e asociacións da zona 1.900 luvas e 1.500 máscaras.

Con esta medida, o Goberno galego pretende dotar dos medios necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus poidan contar con todo os instrumentos que precisan. s. souto

01 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito