Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 09 agosto 2020
02:31
h

Bombeiros rescatan a un home caído ao lado dun pozo na Estrada

A Estrada. A tarde do pasado xoves, 9 de xuño, os bombeiros do Deza realizaron o rescate dun home de 68 anos no lugar de Moreira, no concello pontevedrés da Estrada, que sufrira unha caída. A chamada ao número de emerxencias de Galicia produciuse ás 20.30 horas por parte dos servizos sanitarios de urxencia, que solicitaron axuda para facer o rescate debido a que o home caído estaba nunha zona de difícil acceso. Máis especificamente, atopábase ao lado dun pozo, polo que os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento do equipo de bombeiros do Deza, da Guardia Civil e do Grupo de Emerxencias e Salvamento (GES). Para cando os bombeiros chegaron ao lugar no que ocorreron os feitos, puideron efectuar o rescate sen imprevistos. Á zona, foi desprazada unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo santinatio do PAC da Estrada, pero posteriormente o afectado tivo que ser evacuado ao CHUS, en Compostela. N. V.

11 jul 2020 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito