Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boqueixón abre nova convocatoria para cubrir sete vacantes do seu Verán Activo

Os interesados en obtelas teñen de marxe ata mañá para enviar a solicitude e a documentación necesaria

Boqueixón. O departamento de Cultura do Concello de Boqueixón vén de abrir unha convocatoria extraordinaria de inscricións para o programa de conciliación estival Verán Activo, un proxecto lúdico-educativo que pretende facilitar a conciliación das familias con menores durante os meses estivais. O goberno local informa de que as prazas dispoñibles son unha para os nados no ano 2016/2015 e dúas prazas para os que naceron en 2014, que desexen participar nesta segunda quincena de xullo. Xa para a primeira de agosto poderase optar a unha praza, dirixida aos nados en 2016/2015/2014, a dúas os nados en 2008 e 2011 (ambos incluídos). Queda tamén outra para a segunda quincena dirixida aos necativos que naceron entre 2008 e 2012 (ambos incluídos).

As familias interesadas teñen ata mañá para mandar a solicitude e demais documentación. Poderán facelo por vía telemática, a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón, por correo electrónico a cultura@boqueixon.com, ou de forma presencial con cita previa (981 513 115). Unha vez rematado o prazo de inscrición, publicarase na web municipal a lista provisional de admitidos e excluídos, cun límite para a presentación de reclamacións de dous días hábiles, e posteriormente publicarase a lista definitiva.

O Verán Activo, dirixido a rapaces de entre 3 e 12 anos, conta cuns estritos protocolos anti-covid. Os participantes están divididos en grupos reducidos dun máximo de oito nenos, e cada un “dispón dunha aula de referencia, baños e lavabos de uso exclusivo, que se atopan debidamente sinalizados”, recalcan dende o Concello. Todo o equipo de monitores superou uns cursos de formación en materia de prevención do covid e están equipados coas súas correspondentes EPIS. A.P.

11 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito