Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boqueixón abre o prazo para pilates, zumba e patinaxe

BOQUEIXÓN. O Concello de Boqueixón abrirá o vindeiro martes, 1 de setembro, o prazo de inscrición nas actividades físicas e deportivas municipais para o curso 2020-2021. As inscricións realizaranse entre os días 1 e o 18 e as clases arrancarán o próximo 1 de outubro e estenderanse ata xuño de 2021. Os interesados deberán cubrir a ficha de inscrición correspondente, que se pode descargar na web municipal (www.boqueixon.gal) e remitila a deportes@boqueixon.com ou de forma presencial no Departamento de Deportes, previa cita. Ofértanse preto de duascentas prazas divididas nun total de trece grupos nas disciplinas de pilates, zumba e patinaxe.

29 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito