Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Caldas plántalle cara a ‘basuraleza’ cunha andaina ecolóxica

Enmárcase no proxeto Libera e elimináronse residuos como plásticos, latas, envases ou cabichas

Unha vintena de voluntarios e persoal do Servizo de Medio Ambiente déronse cita onte pola mañá no Malecón de Caldas de Reis para participar nunha andaina ecolóxica de iniciativa veciñal organizada coa colaboración do Concello que serviu para limpar de basuraleza as marxes fluviais do Umia no traxecto que vai dende a zona urbana ata o a Fervenza de Segade.

A actividade tivo unha boa acollida e permitiu a retirada dunha gran cantidade de lixo presente ao longo deste treito natural. Ademais, a andaina serviu para sentar conciencia sobre a problemática que representan os residuos que se acumulan na natureza e para chamar á atención sobre o feito de que o bo estado dos ríos e espazos naturais non dependa de limpezas continuadas, senón da responsabilidade da cidadanía.

A andaina celebrouse no marco do proxecto Libera, creado por SEO/ BirdLife en alianza con Ecoembes e en colaboración coa FEMP, a través da campaña #MiPuebloSinBasuraleza.

O obxectivo é poñer en valor Caldas e ás súas contorna naturais e rurais durante os meses de verán.

10 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito