Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Camariñas asumirá a estrada do faro Vilán cando se repare o firme

Concello e Autoridade Portuaria acordaron crear un aparcadoiro para turismo e buses

Camariñas. A estrada que une Camariñas co faro Vilán pasará a ser de titularidade municipal unha vez que a Autoridade Portuaria repare o firme. Así o acordaron onte a alcaldesa, Sandra Ínsua, e o presidente do devandito organismo, Enrique Losada.

O pleno debe aprobar primeiro a cesión da estrada ao Concello, condicionada a que a Autoridade Portuaria efectúe a reparación. Cando rematen as obras, e exista conformidade das partes, xa se faría efectiva a cesión.

Na reunión tamén estudaron alternativas para o acceso á explanada do faro, que actualmente está pechado. Para este verán, como solución temporal, avanzouse na posibilidade de abrilo unicamente para turismos particulares e, tanto Concello como a Autoridade Portuaria, van a tratar nas próximas datas como articular esa apertura. Os autobuses non poderán acceder.

Como solución definitiva acordaron buscar a fórmula para habilitar un aparcadoiro na zona e que así os visitantes, tanto os que cheguen en vehículos particulares como en autobuses, poidan estacionar alí e facer a pé o último tramo. Sandra Ínsúa agradeceu a “boa vontade da Autoridade Portuaria”.

03 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito