Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 22 septiembre 2020
15:30
h
Baséase no estudo do escritor Sebastián Vázquez, que onte presentou o seu libro na vila encaixeira // A ermida da Virxe do Monte é, segundo o autor, a meta dun roteiro que partiría de Santiago e pasaría por Muxía e Vimianzo TEXTO José M. Ramos

Camariñas quere ser o paraíso da ruta alternativa do Camiño

O Concello de Camariñas deu o primeiro paso dun plan que pretende situar á vila como a etapa final dunha ruta alternativa do chamado Camiño da Resurrección, baseándose nun estudo que o escritor e investigador Sebastián Vázquez plasmou no libro El Camino de Santiago y el Juego de la Oca, que foi presentado onte no Museo do Encaixe. O acto estivo presidido polas alcaldesas de Camariñas, Sandra Ínsua, e a súa homóloga de Vimianzo, Mónica Rodríguez.

“Damos o primeiro paso dun camiño que consideramos que pode ser moi ilusionante para Camariñas e que supón unha importante aposta por parte do goberno local a curto, medio e longo prazo”, sinalou a rexedora, quen recalcou que “o noso obxectivo non é ser fin do Camiño, só queremos ver a posibilidade de destacarnos como un destino especial dentro deste itinerario que permitirá ao peregrino chegar ao paraíso, que sería Camariñas”.

Sebastián Vázquez argumentou os eixos da súa teoría e as claves que fan pensar que a ermida da Virxe do Monte é a fin do Camiño da Resurrección, e incidiu en que “todo el Camino está construido en base a leyendas y mitos, que siguen vivos y creo que hay argumentación para decir que estamos en el paraíso”.

Segundo a súa proposta, esta ruta alternativa partiría de Santiago de Compostela e levaría ao peregrino por Padrón, Noia e Fisterra ata o santuario da Barca, de Muxía, onde tivo lugar o encontro de Santiago e María que, “según la leyenda venía justo de enfrente, en donde se levanta la referida ermita, y prueba de ello son las huellas de sus pies que se conservan en una piedra frente al templo”. Por tanto, según el escritor, “el peregrino regresará sobre sus pasos para llegar a Camariñas para acceder al Jardín de la Oca”, pasando polas igrexas de San Xiao de Moraime e Cereixo (Vimianzo), “para acceder al Jardín de la Oca”. Esta última, adicada a Santiago, acolle unha singular representación en pedra da Traslatio.

A maiores, Vázquez resalta que o neno da imaxe sedente da Virxe do Monte “porta una piña en su mano derecha, que es el símbolo sagrado de la unión entre el cielo y la tierra”. Ademais, a igrexa parroquial de San Xurxo, de Camariñas, acolle unha imaxe de San Roque que ten ao seu carón un anxo cunha copa que “claramente, alude al vino, el alimento de la Resurrección”. No sombreiro de San Roque aparecen tamén dúas chaves que, segundo o autor, “le conceden al peregrino la entrada al paraíso, el Jardín de la Oca”.

No templo camariñán destaca igualmente unha talla de Santiago que ten no seu manto cinco conchas” e porta na man un gran libro pechado que, segundo o escritor “desde la perspectiva del buen saber ese libro es un mutus liber que permanece cerrado solo para quien no sabe leerlo”.

Sandra Ínsua dixo que cren “firmemente nesta teoría e queremos apoiala en todos os sentidos e a todos os niveis. O noso obxectivo é, pouco a pouco, darlle forma, difundila e poder presentarlle ao peregrino unha alternativa espiritual e cultural no seu itinerario, con Camariñas como última etapa. Desde xa comezaremos a traballar para que isto sexa unha realidade e poder dotar ao noso pobo dun atractivo turístico máis aos moitos cos que xa conta”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, quixo resaltar o valor da Traslatio de Cereixo subliñando que só se coñecen outras tres semellantes: “unha representada nunha moeda atopada no Grove e dúas representacións máis en Lleida e Navarra”.

28 ago 2020 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.