Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 04 agosto 2020
02:35
h

Camariñas reabre o ximnasio o luns e en Ponteceso camiñan nas noites

Haberá que solicitar cita previa ao inicio de cada semana para usar a instalación deportiva

Camariñas. O Concello de Camariñas reabrirá o lunes, día 6 de xullo, o ximnasio municipal aplicando un protocolo con medidas especiais para facer fronte ao covid-19 e que os usuarios e usuarias poidan facer uso das instalacións con seguridade.

Os interesados en acudir deberán solicitalo previamente ao inicio de cada semana a través dun formulario que está subido na web municipal (camarinas.net), ou tamén poden facelo de xeito presencial na casa consistorial de 11.00 a 12.30 horas. As solicitudes só se poden facer para unha semana.

Só poderán asistir un máximo de catro persoas por cada franxa horaria e non poderán estar máis de dúas por cada zona do ximnasio (2 en fitness e 2 en cardio).

O protocolo sanitario inclúe medidas como o uso de máscara antes do inicio e no remate da sesión, desinfectar o calzado e as mans, deixar o material nunha bolsa que será facilitada na instalación e que deberán depositar na taquilla, desinfectar cada máquina usada, usar toalla e luvas, ou utilizar os carrís marcados no chan. Non se poderá facer uso dos vestiarios.

Pola súa banda, o Concello de Ponteceso puxo en marcha onte a iniciativa Camiñar na noite, que inclúe paseos nocturnos todos os venres ata o 21 de agosto. O primeiro foi pola capital municipal. Serán percorridos duns seis quilómetros, de 22.30 a 01.00 horas. Hai que inscribirse previamente no concello xa que as prazas son limitadas.

04 jul 2020 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito