Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carballo ten activas unha vintena de obras por valor de seis millóns de euros

Asinados os contratos para a mellora de accesibilidade peonil na contorna da Milagrosa e o saneamento en 5 lugares de Artes

O Concello de Carballo ten en marcha agora mesmo unha vintena de obras nas que invisten máis de seis millóns de euros. Tanto o volume de

actuacións coma o económico veranse incrementados xa que, tras o levantamento da suspensión dos trámites administrativos polo estado de alarma, dende a concellería de Contratación veñen de retomarse as licitacións pendentes co obxectivo de contribuír á reactivación do sector da construción.

O alcalde, Evencio Ferrero, asinou esta semana telematicamente os contratos das obras de mellora de accesibilidade peonil na contorna do barrio da Milagrosa e na rúa Vázquez de Parga; rede de saneamento en Altiboa, Vilarvello, O Alto, Vilanova e Baltar (parroquia de Artes), e reforma e adecuación do espazo do lavadoiro público do Piñeiro (Entrecruces), nas que invisten máis de 400.000 euros.

Estas actuacións sumaranse a outros proxectos que se atopan en distintas fases de execución e que mesmo remataron durante o estado de alarma. Entre os máis importantes está a rede de saneamento e abastecemento de auga aos lugares de Figueroa e Outeiro, na parroquia de Sísamo, na que falta a posta en marcha dos bombeos e do cruce da ponte da estrada de Malpica. Nestes momentos estase a traballar, ademais, nas redes de saneamento de Taboada e A Granxa, na parroquia de Entrecruces; O Pinar e Pedra do Sal (Lema), Vilar do Carballo (Oza) e Razo da Costa e Santa Mariña (Razo), e está a piques de comezar a rede entre A Piña e Evas (Sofán).

Tamén avanza o abastecemento de auga ás parroquias de Oza e Razo. Só en obras hidráulicas invisten máis de 2 millóns de euros.

Ademais, as obras dos centros sociais de Lema e Bértoa están case rematadas, e trala reforma do campo da festa de Aldemunde, están a tramitar o contrato para proceder ao adecentamento da antiga escola para integrala no seu novo entorno. Outra obra avanzada é a do campo de fútbol das Eiroas, que contará con vestiarios renovados e novo graderío.

En canto ás melloras viarias, están en execución os proxectos de acondicionamento de pistas forestais nas parroquias de Rus e Sofán, e o plan de camiños municipais, que inclúe os de Quintáns a Gastrar (Ardaña), Brañas do Carrexal (Aldemunde) e de Chousas Novas a Calvos (Rus). Na zona urbana remataron as obras das rúas Barcelona e Luis Calvo, aínda que na primeira está pendente a reparación dun treito que quedou cunha execución deficiente, e están practicamente listas as da rúa campo da feira.

Ademais, veñen de rematar os traballos de instalación dos servizos urbanísticos previos á construción da senda peonil e ciclista que unirá Carballo e Coristanco, e arrancan as obras de mellora da seguridade viaria nos pasos de peóns, que se farán simultáneamente coas de mellora da accesibilidade na rúa Vázquez de Parga e no ámbito da Milagrosa.
A semana que vén empezarán, así mesmo, as obras de reurbanización da rúa Bos Aires. A maiores das obras costeadas polo Concello de Carballo, tamén está a piques de rematar a segunda fase da reurbanización da travesía de Sísamo,

23 may 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito