Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carteles por Silleda para evitar as feces dos cans

DEZA. O Concello de Silleda vén de iniciar unha campaña de concienciación ante a presencia de excrementos dos cans nas rúas e espazos públicos. Baixo o lema Por unha Silleda limpa. Nas nosas rúas os cans non deixan pegada colocaránse nos vindeiros días carteis informativos nas rúas das vilas de Silleda e da Bandeira. Nos mesmos carteis recórdase tamén que na Ordenanza de Convivencia e Limpeza de Residuos a non recollida destes excrementos está estipulada como infracción coas correspondentes sancións económicas. A multa por non recoller os excrementos pode alcanzar os 300 euros. A concelleira de Urbanismo, Pili Peón, encargouse de coordinar esta campaña ca que dende o Concello de Silleda se busca concienciar ás persoas propietarias destes animais domésticos da necesidade de ter unha actitude cívica. “Temos detectados que hai certas zonas e rúas nas que prolifera a presenza de excrementos de cans”, e que concentran as queixas. m.O.

08 ago 2020 / 00:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito