Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cé Orquestra e Xogos do Paporrubio para os amesáns máis novos

Apego impulsa catro sesións nas dúas urbes os vindeiros días 25 e 26 e 1 e 2 de setembro

Normalización Lingüística de Ames, dentro do programa Apego, organiza as Brincadeiras Miúdas, catro xornadas de xogos, bailes, cantos e contadas ao aire libre entre o 25 e 26 de agosto no pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e o 1 e 2 de setembro no parque dos Piñeiros do Milladoiro.

A actividade está dirixida a familias con nenos de 2 anos en diante, e as anotacións alongaranse até o 24 de agosto. O aforo é limitado para garantir as normas de seguridade. O cartel inclúe dóus espectáculos: Os Xogos do Paporrubio e Cé Orquestra Fantasma. O primeiro chegará o 25 de agosto no pazo da Peregrina e o 1 de setembro ata o parque dos Piñeiros, ao carón da piscina municipal descuberta do Milladoiro. Trátase dun compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, “que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna”, indica o Concello. Son historias contadas e cantadas polos animais e habitantes da granxa, con xoguetes, marionetas e música para xogar en familia.

E o segundo, o de Cé Orquestra Pantasma, aporta o 26 e 2 se setembro o espectáculo A xogar, cantar e bailar, cun concerto de case unha hora de duración e un obradoiro de brinquedos naturais para mover o maxín dos cativos e das súas familias, lembrando que a rúa segue a ser un espazo único e indispensable para xogar, e a natureza a mellor feira xogueteira.

O prazo de inscrición abríase onte, e as persoas que queiran participar deben enviar un correo (a normalización@concellodeames.gal) especificando os días que se vai asistir, o nome e apelido das persoas que participarán, a idade dos rapaces e un teléfono de contacto.

18 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito