Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Certame escolar en Ribeira

PREMIO LITERARIO DE POESÍA, PROSA E BANDA DESEÑADA. O estado de alarma non foi impedimento para que se manteña unha das iniciativas culturais máis arraigadas en Ribeira: o Concurso Literario Escolar das Letras Galegas organizado polas concellerías de Cultura e de Educación que dirixen María Sampedro e Juana Brión, respectivamente. Este ano alcanza a 28ª edición e adaptáronse as bases para que os alumnos poidan enviar as obras ó email normalizacion@ribeira.gal. Teñen de prazo ata o día 29. Vai dirixido a escolares de 7 a 13 anos. As categorías son: poesía, prosa e banda deseñada. Os premios consistirán en lotes de libros para os 3 mellores traballos de cada categoría e para os colexios participantes.

12 may 2020 / 23:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito