Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Charla sobre industrias musicais para mozos da Pobra

A Pobra. Hoxe, xoves 9 de xullo, ás 13.00 horas terá lugar na casa da mocidade da Pobra do Caramiñal, unha xuntanza informativa dirixida ás mozas e mozos de entre 16 e 29 anos (ambos inclusive) que teñan interese en participar nun curso sobre industrias musicais.

A clase gratuíta sobre Nova Formación en Industrias Musicais, ofrécea a área da mocidade da Fundación Paideia Galiza xunto coa asociación de desenvolvemento local Deloa, unha das financiadoras xunto coa Escola de Organización Industrial (EOI, de Madrid), o Fondo Social Europeo e mailo Ministerio de Industria.

Coa citada formación, búscase favorecer o desenvolvemento persoal e potenciar as competencias individuais ofrecendo formación en diversas temáticas e sectores, propiciando sempre a práctica, o debate e a participación.

Hai unha parte de formación en grupo e outra individualizada con titorizacións e orientación personalizada.

09 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito