Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Clase sobre a política criminal

UN TOTAL DE 16 VECIÑOS E VECIÑAS DE RIBEIRA participan estes días no ciclo formativo Camiños de Coñecemento e Experiencia, unha iniciativa auspiciada pola USC en colaboración coa concellería de Educación, que dirixe Juana Brión, destinada a persoas maiores de 50 anos. Os relatorios que se van impartir de aquí ao último día de xullo versan de temas tan variados como a música, o teatro, a historia ou a criminoloxía. Así, hoxe luns terá lugar de 10.30 a 12.00 horas a clase de introdución á criminoloxía e a política criminal, a cargo da profesora Ana Moure Soengas, da Facultade de Ciencias Políticas da USC. E mañá, no mesmo horario, impartirá un seminario de teatro a profesora Beatriz Porrúa Refojo, do Programa Universitario de Maiores.

27 jul 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito