Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Comercio online en Melide

A ASOCIACIÓN de Empresarios Terra de Melide (Asetem), en colaboración co Concello, vén de presentar aos comercios da vila a plataforma Zaska!, coa intención de que se unan á venda en liña totalmente de balde. A xerente de Asetem, Pilar López, explicou que “xa mantivemos contacto o pasado mes de outubro” con dita plataforma. “Daquela a proposta ía encamiñada a facilitar unha fonte de ingresos adicional ao comercio local, pero os recursos limitados da asociación e a falta de financiamento fixo que a iniciativa non prosperase”, indicou. Agora o Concello de Melide asumiu o custo dos primeiros meses e a día de hoxe xa hai preto de 70 establecementos interesados en darse de alta e unha vintena xa o fixeron.

11 may 2020 / 20:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito