Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Comezan a funcionar as bibliotecas de Vedra, Ames e Trazo

Con todas as precaucións necesarias, pero pouco a pouco as bibliotecas municipais da área metropolitana de Santiago retoman a actividade. A de Trazo xa o fixo a semana pasada, e de momento só se restableceron os servizos de préstamo e devolución de obras. Para ambos casos haberá que pedir cita previa e tanto a entrega como a recollida faranse na entrada principal do edificio, según fontes municipais.

Tamén o municipio de Ames procedeu o pasado mércores a reabrir as de Bertamiráns e O Milladoiro con novos horarios de atención ao público para devolucións, ata o venres 29 de maio. O servizo de préstamo restablecerase o día 1 de xuño. A do Milladoiro abrirá de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas, e os martes de catro a oito da tarde. A de Bertamiráns vaino facer de luns a venres de 10.00 a 14.00 e os xoves de 16.00 a 20.00.

A administración local de Vedra agardará ata o día 25 para poñer en marcha a súa. O horario será de 12.00 a 15.00 os luns e os mércores, hai que pedir cita e as obras consultadas estarán polo menos 14 días en corentena.

22 may 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito