Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 10 julio 2020
22:52
h

Comezou xa a matriculación amesá para os campamentos

Ames. O Concello de Ames publica os impresos na súa web para realizar as inscricións nos campamentos de verán 2020, que empezou onte. As concellarías de Medio Ambiente e Mocidade ofrecen, a través deste programa, 252 prazas repartidas entre nove campamentos diferentes que se desenvolverán en distintas datas entre o 6 de xullo e o 5 de setembro.

A iniciativa vai dirixida á rapazada que este cursando Educación Primaria, Secundaria ou Bacharelato. No que atinxe ás datas para anotarse, para os campamentos Galipark, Ecoalbergue Alvarella, Cámping Praia O Terrón (6º de Primaria) e Cámping Mougás, a matrícula abrangue dende o 29 de xuño ao 2 de xullo. Do mesmo xeito, e se o campamento de destino é a Granxa Escola Corazón de Carballo, Naturmaz ou o Cámping Praia O Terrón (1º e 2º da ESO), o prazo de matrícula é do 3 ao 8 de xullo. Por último, se o destino escollido é a Granxa Escola El Kiriko, as datas para anotarse son do 13 ao 17 de xullo.

Máis información chamando ao número de teléfono 660 004 665 ou ben no 616 083 229, ambos do Concello. m.m.

30 jun 2020 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.